A noite branca

Francisco X. Fernandez Naval

A noite branca

Francisco X. Fernandez Naval

Marcos sente a necesidade de conecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografias e un feixe de cartas escritas por un voluntario da Division Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo. Coa axuda da sua nai, o escritor inicia un proceso de investigacion e de recuperacion da memoria que o leva desde A Habana da emigracion galega ata a fronte do rio Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial. Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galeria de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas a sua nai Maria Luisa os membros do peloton do que el forma parte cidadans rusos atrapados pola crueldade da guerra nenos, exiliados republicanos xudeus e soldados alemans que son testemunas da viaxe da Division cara a fronte do leste. Coa ribeira do Mino como centro e un mundo convulso como escenario, Fernandez Naval construe en A noite branca unha narracion emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografias da sua primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca e unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernandez Naval.